EDITORIAL

O PARTIDO DO SÉCULO BARÇA-MADRID

Chegou o día!! O partido do século!! Volta o BARÇA-MADRID Unha vez mais, escoitamos ós medios de comunicación orais e visuais e ollamos a prensa que non falan doutra cousa. Ata aparece un novo invitado GOL TV que vai ofrecer 11 horas ininterrumpidas co clásico.
Xa non é un duelo entre dous clubes. Agora é unha loita nos banquillos dos estilos dos adestradores Pep Guardiola e José Mourinho, ou entre os que din dous mellores xogadores do planeta Messi e Cristiano; ou dos mellores pasadores Xavi Hernández e Xabi Alonso; ou as defensas, etc.
E fálase das apostas, das frases que din uns e outros, pero sobor de todo os medios da capital que queren potenciar ó seu equipo, como todolos anos por certo, de que van a gañar, a arrollar, coa velocidade, coa presión do Barça por estar ante Mourinho, en fin. Agora Cristiano é mellor que Messi, fai dous anos era Robben, e o ano que ven será outro.
O noso equipo non se vai amedrentar, nin vai pensar en quén sexa o adestrador do rival. Xogan 11 contra 11 e un por un son mellores. Hai 8 campeós do mundo. E este é un partido que pode decidir o título de Liga, porque o resto dos equipos son moi inferiores.
Un derradeiro apunte: fai 4 anos que o primeiro partido entre os dous grandes se xoga en Barcelona. Casualidade do sorteo ou mano negra?
En fin, FORZA BARÇA!! A gañar.

FESTA FIN DE TEMPORADA DA P.B. DO CARBALLIÑO

O vindeiro día 12 de xullo celebraráse un xantar campestre no adro da Virxe da Saleta, de San Cristovo de Cea, a base de empanada, polbo a feira, churrasco, adega Señorío de Beade, postre, café e chupitos.
Prezo 35 €, os socios da P.B. do Carballiño abonarán 20 €.
Ingreso na conta da Peña núm. ES22-2100-5779-2402-0010-3810.
Sairá un ómnibus dende o Bar Pituxo as 13,30 horas.
Haberá unha atracción musical pra amenizar a fiesta.

FESTA FIN DE TEMPORADA DA P.B. DO BARBANZA

O próximo sábado 12 de xullo do 2014 celebraremos a festa de fin de tempada que consistirá no seguinte: un percorrido en autobús con parada nos establecementos hosteleiros de peñistas ou de contrastados afeccionados do Barça e colbaoradores da peña, un xantar de confraternidade no que se entregarán uns agasallos ós socios que máis se destacaron axudando á entidade, e festa rachada. A continuación detallamos como vai ser a xornada:

11.00   Saída de autobús do Don Paquito rumbo a Rianxo.
11.30   Chegada ó bar Cofradía, sede da Peña Barcelonista de Rianxo
12.15   Chegada á Cafetería Atalaia, do noso socio Sito Buján
13.00   Chegada á Casa do Demo, do noso colaborador David Rivadulla
13.45   Chegada ó Farmassia, do noso socio Caamaño
14.30   Chegada á Cervecería Guilligams, do noso socio Óscar España
15.00   Xantar no Don Paquito, do noso socio Francisco Rebollido
            Haberá hinchables para os nenos (se o tempo acompaña)

COSTE:   25 euros peñista, sexan de Barbanza ou doutras peñas (nenos peñistas de Barbanza gratis, doutra peña, 15 euros)
               35 euros non peñistas (nenos non peñistas 15)

Lanzaremos bombas de palenque na porta de cada local

Anótate canto antes porque o aforo vai ser limitado. Data límite 9 de xullo.

Puntos para anotarse: Don Paquito, facebook da peña https://www.facebook.com/penabarcelonista.dobarbanza?fref=ts, correo electrónicopbbarbanza@hotmail.com, ingreso na conta 0049 4831 38 2095185960 do banco Santander e ós directivos. Hai que pagar no momento de inscribirse.

NOTICIAS

  • O VINDEIRO DIA 27 DE XUÑO, SÁBADO, A PEÑA BARCELONISTA DO FISTERRA CELEBRA O SEU ANIVERSARIO, E VAN ..., CUNHA FESTA NA PRAIA DO SARDIÑEIRO, ONDE ADEMAIS DO BO AMBIENTE CREADO POLO SEU PRESIDENTE JOSE VELAY E POLOS DIRECTIVOS, PARTICULARMENTE CARLOS, ARMARÁN UN FESTORRO A BASE DE SARDIÑAS, CHURRASCO E OUTRAS VIANDAS, BON VIÑO DO RIBEIRO E LOGO BAILE TODA A TARDE. DESEXAMOS OS QUE TEÑAN A SORTE DE ACUDIR A ESTA FESTA QUE O PASEN MOI BEN.
  • DIMITE O PRESIDENTE DA PEÑA BARÇA TUI MANUEL VAZQUEZ POR RAZONS PERSONAIS. DENDE ESTAS PAXINAS QUEREMOS AGRADECERLLE A SUA DEDICACIÓN TANTO A PEÑA COMO A COORDINADORA E DESEXARLLE MOITOS EXITOS PERSONAIS E PROFESIONAIS NA SUA ANDADURA. HASTA SEMPRE MANUEL.
  • Impulsada por el reconocido periodista DEMETRIO GONZALEZ MARTIN nace una web exclusivamente confeccionada y desarrollada para todas las Peñas barcelonistas del mundo. En ella pueden publicarse las noticias de los actos que se programen por las Peñas y por el FCBarcelona, con noticias también puntuales del Club, de sus partidos, de sus fichajes, etc. Tiene varias secciones destacando entre ellas las de Colaboraciones que, en el futuro, permitirá diseñar el camino de las peñas. La web es http://www.penyesblaugrana.com y en este blog se ha creado un vínculo para acudir directamente a ella. A visitarla y disfrutarla.
  • A PEÑA BARCELONISTA ARESANA, da localidade de Ares (A Coruña) será a organizadora da XX XUNTANZA DE PEÑAS BARCELONISTAS GALEGAS no ano 2010. .
  • A PEÑA BARCELONISTA DE O GROVE AGRADECE A TODAS AS PEÑAS BARCELONISTAS A AXUDA QUE LLE PODAN OFRECER PARA PALIAR OS DANOS SUFRIDOS NO LOCAL SOCIAL POLAS INUNDACIÓNS RECENTES. A CONTA DE AXUDA É A SEGUINTE 2100 1838 58 0200009035. AGARDAMOS QUE TODAS AS PEÑAS COLABOREN A REFLOTAR OS AMIGOS DE O GROVE.
  • TELEFONO DE ATENCION OS BARCELONISTAS 902 1899 00
Powered By Blogger

COORDINADORA DE PEÑAS BARCELONISTAS GALEGAS